lunes, 22 de junio de 2020

Tempos convulsos - 25 anos de Keltoi!

A banda estandarte do Oi!/Streetpunk galego vén de publicar un novo tema nas redes baixo o título "Tempos convulsos" onde botan a vista atrás e nos falan da súa mocidade naquel axitado Vigo de finais dos 80, sacudido por reconversións, drogas duras, represión policial e a música rebelde fronte o snobismo da "movida viguesa".

Esta nova gravación súmase ao tema "Ridículo oficial" que publicaron a finais de ano e quizais xunto con algunha canción máis (agardemos!) formará parte dun single/EP conmemorativo dos 25 anos que neste 2020 cumplen os Keltoi!

Por outros 25 máis!




domingo, 26 de abril de 2020

En marcha!


Saúdo de benvida

Sexan benvid@s a este humilde blogue que tratará sobre os estilos musicais máis rueiros: Oi!, punk, ska, hardcore....Iremos subindo biografías de bandas, críticas de discos, informar das novidades que vaian saíndo... e sempre abertos a colaboracións de quen o desexe que nos poden contactar ao mail outrarondablog@hotmail.com

KEEP THE FAITH

Tempos convulsos - 25 anos de Keltoi!

A banda estandarte do Oi!/Streetpunk galego vén de publicar un novo tema nas redes baixo o título "Tempos convulsos" onde botan a ...